30 nov 2011

Animais solidarios?

Observa este vídeo, pero faino ben. Hai unha incrible sorpresa, aínda que é moi fermosa… Tamén os animais poderán ser solidarios?

29 nov 2011

Aula investigadora 1

Hai que contalo, temos unha clase moi investigadora. Chega con dicir unha idea para que aparezan de inmediato os exploradores e as exploradoras que se necesiten. E non importa o tema, son capaces de investigar calquera cousa: Eduardo Pondal e Pascual Veiga, Galileo Galilei, as cidades de Adelaida ou Pompeia, Lucy e o xacemento de Atapuerca, a película Blade Runner, o volcán Vesubio, os países onde se fala español, Hipatia, a bandeira de Galicia, os ríos máis longos do mundo, etc.

Ata o momento, estes son os que máis investigan: Héctor (8), Andrea (12), Clara (1), Salvador (7), Ainara (4), Gemma (3), Carlos (2), Javier (4), Ricardo (11), Gloria (1), Diego Prieto (2), María (4), Sara (2), Meritxell (5) e Melody (3).

Noraboa! E, de paso, aproveitamos a ocasión para aprender con este vídeo sobre os tesouros de Atapuerca.

28 nov 2011

Outra colaboración

Ao igual que con outras colaboracións familiares, As viaxes de Ismaíl e Ismaíl de vacacións, mostramos un traballo de dúas nenas. Trátase dun novo exemplo de contar historias mediante unha presentación. A idea orixinal foi de Ainara, que tivo a boa colaboración de Meritxell

25 nov 2011

Tintín y los piratas

En nuestro proyecto Piratas hablamos un poco de Tintín y de su última película. Pero no pudimos llevar ninguno de sus libros a clase.

Los libros de Tintín

Por suerte, como los piratas y los exploradores nunca descansan, dos de esas historias han aparecido en Internet. Así que hazle caso a Ismaíl, lee y disfruta:

24 nov 2011

23 nov 2011

O himno do pirata

Debido á nosa idea de ler libros de piratas, Ricardo sorprendeunos con algo ben bonito. Decidiu facer unha bandeira para Ismaíl, e ademais que tivese o seu propio himno pirata. Por iso, imaxinou, debuxou e escribiu. Que gran sorpresa e que traballo tan incrible!

Ricardobandeira_thumb3

Ei, ei, ei,
son o pirata Ismaíl.
Con rumbo ou deriva
cruzo os sete mares
na busca de tesouros
e de moedas de ouro.
Na Ría de Burgo encallei
e non sabedes que atopei:
moedas ben valiosas
e, sobre todo, saborosas.
Sabedes de que son?
Pois de chocolate,
que hai un montón.

Aproveitamos a ocasión para ofrecer máis enlaces de Piratas. Algúns tamén servirán para usar os mini portátiles, e especialmente para colorear e escribir: Debuxos para imprimir e colorear; Piratas, para pintar online; O cartel pirata; O poema pirata 1; O poema pirata 2; O xornal dos piratas.

21 nov 2011

Los números decimales

Recuerda que en la página del blog titulada Escola e familia puedes estudiar y repasar casi todas las cosas de 5º curso. E incluso preparar, si ya estás bien preparado, el curso siguiente. Aunque lo mejor es que vayas poco a poco, aprendiendo con tu propio esfuerzo cada día. Por ejemplo, ahora toca saber de los números decimales….

Mercado Matemático Mágico del Mendel

19 nov 2011

Os piratas da Ría do Burgo

Houbo uns piratas que foron xente de mares bravos, pero estes dos que falaremos son xente boa. Un día preguntamos quen tiña na casa libros de piratas, e aquí están os que prestaron axuda: Miguel, Carlos, Clara, Héctor, María Luisa, María, Salvador e Diego. Con esa axuda queremos ler e descubrir cousas do seu mundo, do mundo dos piratas e os corsarios. Que, anímaste? Ademais de ler algúns dos seus libros, terás que resolver todas estas probas e xogos para ser un dos piratas da Ría do Burgo:

Aargh o Pirata

18 nov 2011

Os agasallos

Temos que contar que Ismaíl está enormemente agradecido. Fixemos unha relación dos pequenos agasallos que recibiu, sen contar as moedas para o seu tesouro. E ao revisala sentiuse impresionado. Pois cada un ten a súa pequena historia, e el sabe que todos esos agasallos son historias familiares moi felices…

Meritxell

Gloria

Diego Prieto

Iago
Ainara
Javier
Melody

María Luisa

María

Salvador
Andrea

Clara
Unha bufanda de lá negra, gris e branca, que ten uns bonitos debuxos célticos
Un armario verde con caixóns de cores, e co nome do que debe gardar: camisetas, zapatos…
Un novo gorro puntiagudo e azul e tamén un chaleco, todo feito a man.
Un pantalón vaqueiro, que fixo el mesmo.
Un bolso azul coa letra I bordada e de cores.
Unha bufanda laranxa e amarela.
Un manteliño branco, coa letra I de Ismaíl e un corazón debaixo.
Un monopatín, para que así patine por onde el queira.
Unha pulseira de fíos de goma e un libriño de debuxos.
Un mini lapis para que poida escribir.
Unha barca de madeira, para que saia a pescar cando queira pola Ría do Burgo.
Unha cama con alfombra e mesiña de noite para a súa habitación.

Unhas flores para as familias de 5º B!

15 nov 2011

Imaxina un monstro

María preguntoume hoxe cando faríamos os nosos monstros. Certamente eu falara días atrás desta actividade, e así que grazas a ela preséntase agora. Ademais, como temos uns fermosos mini portátiles, seguro que resulta ben emocionante.

Co programa Paint, estes son os pasos para facer un monstro a partir dun garabato:

  • Seleccionas o lapis ou o pincel para realizar o debuxo do teu garabato.
  • Co garabato xa feito, hai que poñer todo o que necesita un monstro: por exemplo, ollos, brazos, pernas ou patas, boca, rabo, cornos, manchas na pel ou antenas…
  • Despois escolles as cores que desexes para o teu monstro. Para iso utiliza o bote de pintura e preme onde queiras pintar.
  • Para rematar o teu monstro, debes inventar un nome. Usa o botón de texto para escribir como se chama.

E velaí terás o teu debuxo dixital, igual que ocorreu o curso pasado.

13 nov 2011

Hay que dividir bien

Hace poco te recordamos que es bueno multiplicar sin fallos. Pues eso mismo decimos ahora sobre las divisiones, porque a Pitágoras no le haría ninguna gracia saber que te equivocas o, lo que es peor, que todavía no sabes dividir. Así que, no lo olvides, lo único que puedes hacer es aprender y practicar…

Matemáticas con Mario 2

9 nov 2011

A colaboración das familias

Hai uns días publicamos a primeira das historias de Ismaíl. Creo que houbo algunhas dificultades de comprensión, pois non fomos capaces de facer o que se pedía no post. Pero hoxe Carlos presentou o seu traballo, e aínda que non segue todas as recomendacións que se deron, aquí está o resultado. E unha mostra da bonita colaboración das familias, que agradecemos sempre…

7 nov 2011

O noso amigo solidario

Presentamos a primeira entrada que escriben os Equipos de Redacción, nos que a partir de hoxe participará toda a clase. Os autores deste post, dedicado ao ex-alumno Alejandro Costa Suárez, aparecen máis abaixo. Pero hai que contar que recibiron a axuda voluntaria de Ricardo, Clara, Ainara, Salva e Gemma.

Un neno chamado Álex, que ata o curso pasado estivo no noso colexio, regalounos un verdadeiro tesouro. Realmente era para Ismaíl, aínda que de paso tamén foi para nós. Ese tesouro tiña moedas, billetes, ovos e moitas barriñas “kinder”, todo de ouro e de chocolate. A gran sorpresa é que fixo iso sen coñecernos de nada. Imaxinade o que fará para os seus auténticos amigos e amigas…

O noso amigo Álex A cestiña de Ismaíl

Así que Álex, onde esteas agora, querémosche dicir que moitas grazas por traernos esa cestiña tan linda e tan chea de chuches. Quedamos marabillados! Encantounos!

[Meritxell, Javier, Sara, Melody]

3 nov 2011

Primeros pasos en la PDI

Ya contamos que estamos en Abalar y que recibimos una pizarra digital interactiva (PDI). Hicimos las pruebas iniciales para conocerla, así que ahora habrá que usarla cada vez un poco más. Para eso sirven los siguientes enlaces, además de para aprender nuevas cosas:

  • Puzles: Construye el tuyo, que puedes hacerlo.
  • Tangram: Atrévete con este juego de origen chino.
  • A nosa Terra: Con preguntas sobre Galicia.
  • Celebramos o Magosto
  • Chat Noir: No dejes que se escape el gatito negro. ¡Es muy listo! 
  • La memoria a corto plazo, o The short term memory checker: Actividades de reconocimiento y memoria visual, aunque en inglés.
  • Testeando: Un montón de preguntas de Medio y Lengua Castellana. ¿Cuántas sabrás?

Chat Noir

Ten en cuenta que en el blog hay otros muchos enlaces que también se pueden usar en la pizarra digital. Búscalos y avísanos…

1 nov 2011

A fábrica de historias

Sabemos que xa están creadas un montón de historias. A de Diego Prieto foi a primeira en aparecer no blog, pero despois haberá outras. Pois a nosa aula quere ser como unha pequena fábrica de contos…

Entón, imos contar historias?

Se premes aquí, poderás descargar unha plantilla para publicar os vosos contos en forma de libros dixitais.