23 dic. 2012

Nadal ao redor da aula e do mundo

Houbo moita sorte e Ainara enviou algunhas fotos da festa de Nadal que realizamos o venres, 21 de decembro. Así que, de novo, as nosas felicitacións

Estes días tamén son celebrados en moitos lugares do noso mundo, de norte ao sur, e do leste ao oeste. Compróbao nesta fermosa galería de fotos

Miles de Santa Claus en Liverpool (Inglaterra)

21 dic. 2012

A nosa felicitación

Esta felicitación fíxose coa axuda de Salva e a súa madriña, que nos enviaron unha bonita foto, e cun traballo de Meri no seu ordenador de Abalar. Así que, Feliz Nadal!

Plantilla Nadal Aula.jpg

19 dic. 2012

A España dos Reis Católicos

Unha serie de 5 estupendos vídeos sobre a primeira fase do novo tema de Coñecemento do Medio, ata o momento mesmo do descubrimento de América. Observa e mira, escoita e aprende…

18 dic. 2012

A época dos descubrimentos

Unha nova serie de actividades especiais e interactivas, pero esta vez só para o libro de Medio (Unidade 6). Tamén hai algunhas tarefas de repaso.

Preme en cada unha das imaxes para ver os vídeos.

O descubrimento de América

As viaxes de Colón

17 dic. 2012

Cartografías imaxinarias para despois de ler

Agora si que Héctor terá que explicar ben o significado do título deste post. Non lle quedará outro remedio, pois usamos un traballo seu para mostrar o que facemos despois de ler algúns libros. Da lectura de Teseo e o Minotauro, agora pasamos á historia de Hitler e un coello de cor rosa, que aparecía no libro que leu Héctor.

Logo desas lecturas, individuais e de aula, realizáronse as súas Galaxias de Palabras, a primeira das nosas cartografías para despois de ler. Máis tarde, chegarán as Estrelas das Historias e os Mapas dos Libros

A galaxia de Héctor O libro de Héctor Cando Hitler roubou o coello rosa

14 dic. 2012

As nosas escritoras

Ainara foi a primeira nena en presentar un conto sen que ninguén llo pedise. E agora son Melody e María, porque así son as nosas escritoras: escriben libremente un montón de páxinas para Nostromo.

Se queres saber máis, preme aquí.

Drago atopou a María!

13 dic. 2012

Isaac Díaz Pardo (1920-2012)

Durante este ano estamos a lembrar a morte de Isaac Díaz Pardo. Como o noso colexio leva o seu nome, houbo nenos e nenas que investigaron e se preocuparon pola súa vida e a súa obra. Este é o noso recoñecemento, para alguén que foi tan importante…

P.D.: Agradecemos o traballo realizado por Melody, Andrea, Javier, Diego Prieto, Tania, Gloria, Andrés, María e Carlos.

11 dic. 2012

Un equipo de aquí

Creo que Ainara non quedou ben contenta con outra presentación que xa vimos. Aquela que falaba dos mellores xogadores de fútbol do mundo. Por iso penso que este traballo seu explica mellor todo…

10 dic. 2012

Un cuento de Ainara

Estamos leyendo algunas historias de Ismaíl, que hace tiempo llegaron a mis manos. Pero lo más sorprendente es que ellos también son capaces de descubrir otras de sus historias, que ni yo mismo conocía. Por ejemplo, Ainara es la autora de este cuento, que tal vez encontró en algún lugar de su imaginación…

Había una vez un gnomo que se llamaba Ismaíl. Un día fue a dar un paseo con su perro Gustavo.
A Ismaíl  le apetecía ir al bosque para visitar a su amiga Fátima, pero a Gustavo le apetecía más ir al parque a jugar con la pelota.
Entonces, le dijo Ismaíl a su perro…

Leer más

escanear0001

6 dic. 2012

Máis dos 5000

No anterior post non incluímos as actuacións musicais porque non cabían. Ademais, foron tan boas que merecían o seu propio vídeo, e aquí está, aínda que sexan algúns fragmentos. Disfrutade igual que nós…

4 dic. 2012

A festa dos… 5000 comentarios!

Certo é que o noso ritmo de comentarios resulta emocionante, pola colaboración e participación que hai no blog. Como sempre, para celebrar esta festa a axuda das familias resultou fundamental e decisiva. E, de novo, os organizadores fixeron un grandísimo traballo. Esta vez foron Melody, Viky e Ricardo, que se encargaron de todo, pero de todo todo…

2 dic. 2012

As festas dos comentarios

Xa pasou a festa dos 5000 comentarios, que aínda non se viu no blog, e xa temos un montón de recordos na memoria. Hay que recoñecelo, que gran idea tivo Diego! E Pilar, a súa nai, demostrou varias veces que fai unhas tartas incribles. Estas festas non serían nada sen as familias…

Grazas, moitas grazas!

Los mejores jugadores según Iago

Iago estaba interesado en mostrarnos su opinión sobre una serie de jugadores de fútbol, y por eso hizo este trabajo. Creo que alguno ya no juega en el equipo que dice, pero no tiene mucha importancia. Aunque me pregunto cuántos compartirán su elección…

29 nov. 2012

O Minotauro

Aínda que non lle dimos ese nome, de feito xa temos a nosa aula de mitoloxía. Así que imos rematar ben a primeira actividade. Volve a este post anterior para reler a historia de Teseo e o Minotauro. Lembra que tamén fixeches a súa galaxia de palabras, e incluso unha nube con elas. E ten en conta que hai algúns libros sobre mitos, un grazas a Carlos. Con todos eses materiais, realizarás un cómic sobre o Minotauro, o rei Minos, Parsifae, Ariadna, Teseo… A ver como contas o que pasou!

26 nov. 2012

Aula investigadora 6

Despois da última fornada de aprendices de Indiana Jones, había tempo que non aparecían máis investigacións. Pero aquí están: Héctor (10), Carlos (4), Meritxell (3), María (2), Melody (7), Miguel (1), Ricardo (17), Javier (5), Ainara (4), Andrea (2), Salvador (3), María Luisa (1), Tania (1), Iago (1), Clara (5).

A listaxe de temas, coma sempre, foi moi grande: Alexandre Magno, Trafalgar, Dalmacia, Stephen Hawking, Esopo, Taj Mahal, Malala, Challenger, pictos, premios Nobel, premios Príncipe de Asturias, touros de Guisando, minotauro, Elena Fortún

E para rematar, unha nova presentación, esta vez de Carlos. Para facela, tivo que recorrer medio mundo. Pero creo que disfrutou e aprendeu moito. Agora tócache a ti.

21 nov. 2012

5000 comentarios e un magosto

O venres 16 fixemos a festa do magosto, e por sorte andaba polo colexio a nai de Diego Prieto. Así que grazas á colaboración de María del Pilar temos estas bonitas fotos do evento. Pero como case coincidiu no tempo co récord dos 5.000 comentarios acadados polo blog, tamén falamos deste número incrible. Porque son moitos, moitísimos comentarios, un gran éxito para unhas nenas e uns nenos que participan e colaboran. E por iso xa están a preparar a nova festa, que vai ser espectacular…

20 nov. 2012

Los mejores gatos de Ricardo

Ricardo nos presenta a sus gatos preferidos, o al menos es lo que se deduce de su gran trabajo de investigación. Aunque hay uno de ellos, que es una gatita, que destaca por encima de los demás. Se llama Lulú, y tiene nombre de artista…

18 nov. 2012

Os mestres tamén contan

Hoxe dixen no blog que tiña ganas de contar unha historia. E pensaba neste conto dixital titulado El sueño de la mariposa. Talvez alguén teña este libro de Eric Carle, de cando erades máis pequenos. A historia baséase nesa obra, pero tamén en certas palabras de Jorge Luis Borges. Aínda que este escritor é para a xente adulta…

Por certo, creo que vos gustaría facer historias así cos ordenadores da aula? Ou non?

15 nov. 2012

Nostromo, a nosa nave

Nostromo, a nave das nosas historias que empezou a súa viaxe o curso pasado, xa está voando polo universo de Internet. Precisa da vosa forza, que é moita, e así chegará lonxe, moi lonxe…

Ata onde chegará?

Nostromo, a nave das historias

14 nov. 2012

A galaxia das palabras

Héctor explicou moi ben o significado do título Cartografías imaxinarias para despois de ler, do que falaremos noutro momento. Ten que ver coa lectura, claro, e coas cousas que nos contan os libros e as historias. Nesta actividade, por medio do blog, terás que facer:

  • Volver a ler o mito de Teseo e o Minotauro, na versión de Polidoro.
  • Lembras a nosa Galaxia das Palabras? Pois anota nun borrador aquel vocabulario da historia que consideres importante. Presta atención aos nomes, aos adxectivos e aos verbos. Ah, deben servir para entender o que o mito contou.
  • Agora preme no seguinte enlace para ir a Word clouds for kids, que quere dicir Nubes de palabras para nenos. No recadro, introduce esas palabras ou expresións que anotaches no borrador e preme nunha frecha que hai debaixo, á dereita. Agora investiga, que podes cambiar o modelo da nube de palabras, o tipo de letra, as cores. E tamén podes gardar a imaxe no ordenador.

A Galaxia das Palabras

13 nov. 2012

O labirinto do Minotauro

Ao igual que pasou cos Piratas, temos moito que investigar para ser uns exploradores. Por iso empezamos cos mitos do mundo, e porque ademais son historias que merecen a nosa atención. De momento, entraremos nun antigo labirinto:

12 nov. 2012

La música de Clara y Gemma

Esta presentación de Clara y de Gemma es sorprendente. Creo que pensaron en los mejores grupos musicales de la historia, porque esos músicos ahora son mayores y ellas son muy jóvenes. Pero al profesor le traen unos recuerdos tan increíbles que casi han logrado rejuvenecerlo. ¡Ay, la memoria…! Por cierto, los trabajos de los niños de la clase, ¿dónde estarán?

11 nov. 2012

Agnódice e os dereitos das mulleres

No libro de Lingua Castelá, na unidade que traballamos, apareceu o nome de Agnódice. Xa foi investigado, por suposto. E o seu nome resultou ser o dunha muller grande, moi grande, que defendeu os dereitos das mullleres en tempos antigos. Creo que por iso Melody preparou para todos esta bonita presentación…

9 nov. 2012

Gloria e a súa familia

O pai de Gloria atópase enfermo e por iso está no hospital. Como os médicos fan todo o posible para que se cure, a súa recuperación avanza. Cando pase este mal momento, tanto el como Gloria e a súa familia sentiranse moi ben. E todo isto só será un mal soño… Ánimo! E un montón de bicos para Gloria e o seu pai. Tamén biquiños de parte de Ismaíl…

Ademais de comentarios de apoio no noso blog para esta familia, podense deixar mensaxes nun ceo virtual. Talvez así os nosos desexos cheguen máis lonxe e con máis forza. Proba e escribe, pero despois indícanos onde está a túa mensaxe para que poidamos descubrila.

Mi Pedazo de cielo

8 nov. 2012

O magosto de Melody

De novo unha nena sorprende ao mundo enteiro. Agora trátase de Melody, que como sabe que o Magosto está a chegar, preparou unha presentación sobre esa festa. Por certo, a súa nai tamén colaborou e participou…

7 nov. 2012

Ainara y los perros

Hay niñas que no están dispuestas a que su nombre no se conozca. Ainara es una de ellas, y por eso nos presenta un nuevo trabajo voluntario. Como ahora estas presentaciones también están en nuestra Aula investigadora, es cierto que su nombre llegó muy lejos…

6 nov. 2012

Linguas, Mates, Medio (4)

Actividades especiais para a Unidade 4, e tamén algunhas tarefas de repaso, que sempre serán necesarias.

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

2 nov. 2012

Los mejores coches de Javier

Los niños se han decidido y ahora nos muestran sus trabajos, que en estos momentos ya son mayoría. Por eso vuelve Javier con otra impresionante presentación. Creo que están dejando el listón muy alto…

31 oct. 2012

O día das cabazas

Nestes días, a voltas co Samaín ou Halloween, fixemos unhas fotos coas cabazas que prepararon as familias. Teño a impresión de que posaron como auténticos modelos, pois case parecen uns profesionais...

30 oct. 2012

La danza de los esqueletos

Debido al anterior vídeo de la categoría de protagonistas, hubo muchas peticiones para “salir en la tele”. Por suerte, JibJab volvió a ofrecernos una actuación gratis, y por eso aquí está la famosa danza de los esqueletos. Porque llegó el Halloween. ¿O es el Samaín? Ay, que me lío…

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

28 oct. 2012

Os xogos tamén son para o outono

No outono celébranse o Halloween ou Samaín e o magosto, que é a festa das castañas. Pero no outono tamén hai tempo para xogar, ou non?

Halloween 2012, de Beln Junquera

27 oct. 2012

O halloween de Miguel

Creo que a idea das tarefas extra para a aula é unha realidade imparable. María, Javier e, agora, Miguel así o confirman. Espero que este traballo que fixo non lle cause moito medo a ninguén…

26 oct. 2012

Os climas e o arquivo de Javier

Un pouco máis de esforzo para aprender mellor o tema dos climas parece unha boa idea. Por iso chega este novo post.
Pero, ademais, aproveitamos a ocasión para falar de Javier, que fixo un traballo extra fenomenal. Trátase un debuxo realizado cun programa que xa coñecemos, Pencil. El probou algo máis e converteuno nun arquivo flash, con movemento e todo. Agora contará como fixo…
O debuxo de Javier

24 oct. 2012

Outro baile de medo!

O ano pasado, por este tempo, descubrimos o baile duns bailaríns que nos sorprendera moito. Algúns repiten esta vez, pois onte pasaron por aquí e comentaron no noso blog. Outros son novos e creo que é a primeira vez que bailan. E hai un monstro con gafas que me resulta ben coñecido, pero agora non me sae o seu nome… Quen será?

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

23 oct. 2012

Dioses y mitos griegos

La última presentación fue en junio y ya se echaban en falta estos maravillosos trabajos. Son extraordinarios porque nadie pidió hacerlos, pero se hacen. Por eso, a partir de hoy también formarán parte de nuestra Aula investigadora. Esos esfuerzos, y más cuando son así, merecen todo nuestro reconocimiento… María, ¡muy bien!

16 oct. 2012

A festa dos 4000 comentarios

Todas as festas que xa levamos para celebrar os comentarios do blog foron estupendas. Por suposto, sempre coa colaboración das familias. E a que agora presentamos, a dos 4000, tamén. Para empezar vimos unha fermosa película, Eragon, que nos prestou Javier, e despois pasaron un montón de cousas. Ah, esta festa foi organizada por María Luisa e Daniel…

9 oct. 2012

Explorando en Abalar

Xa contamos que desde a barra lateral ou sidebar do blog podes ir ao Proxecto Abalar, no que participamos. E tamén dixemos que tes que explorar ese sitio, para demostrar que colaboras coa túa clase. Se cadra hai marabillas que aínda non coñecemos. Por exemplo:
  • ProblemáTICas: para a resolución de problemas en Primaria.
  • Razonamiento Lógico: 15 tipos de actividades diferentes dedicada ao razonamento lóxico-matemático, como as igualdades e o cálculo mental.
  • As formigas: xogo de dous xogadores para repasar os coñecementos da área de matemáticas no noso ciclo.
  • Etnonet 2.0: a Enciclopedia Interactiva da Cultura Galega.
  • O mundo do cómic: xogo para un xogador para traballar o mundo do cómic (as personaxes máis destacadas tanto galegas, españolas coma europeas).
Ismal tamn investiga!

6 oct. 2012

La película

En la Fiesta de los 4000 comentarios vimos una película titulada Eragon, que nos prestó Javier. No se lo digas a nadie, pero aquí está de nuevo. Ten en cuenta que fue doblada al castellano en algún país de América, por eso te sonará un poco diferente. Ah, también es una actividad, y queremos que hagas un dibujo súper especial para nuestra clase…

30 sept. 2012

Todo sobre Europa

Cando en quinto empezamos a saber de xeografía, houbo un bonito post que se titulou Mapas, moitos mapas. Agora, ademais de repasar o que xa aprendimos, hai que aprender un montón de cousas sobre o noso continente, Europa.

A Ría do Burgo está en EuropaPreme aquí ou na imaxe para ver Europa en 3D.

27 sept. 2012

O Circo da Bolboreta

O título do post esconde unha película moi especial, aínda que The Butterfly Circus é o seu nome en inglés. Un dos actores protagonistas é Nick Vujicic, ao que coñecimos no anterior blog. Esta película gañou no 2009 varios premios. É de curta duración, e trata os valores humanos que son máis universais. Por exemplo, a amizade e a convivencia, a confianza e o esforzo, a motivación… Ah, tamén podes vela e escoitala en español.

24 sept. 2012

Aprendemos a convivir

Unha película moi apropiada para este tema é coñecida por case todos. Trátase de Kirikou e a bruxa, que hai tempo descubrimos, aínda que estabamos en aulas diferentes. Pero existen máis historias que falan da necesidade de convivir en paz, sabendo dos nosos dereitos pero tamén dos nosos deberes. Busca e aprende, por exemplo en:

21 sept. 2012

O Universo, a Vía Láctea, o Sistema Solar

Como xa sabes, o Universo é o conxunto formado por todos os corpos celestes e o inmenso espazo que os contén. As estrelas, que son os corpos celestes máis importantes, agrúpanse formando galaxias. A nosa chámase…

O Sistema Solar está formado por todos os corpos celestes que están sometidos á forza da gravidade do Sol. Está situado no exterior da nosa galaxia…

Comparación do tamaño dalgúns corpos celestes que hai no Universo. Porque non son todos iguais…

18 sept. 2012

La exhibición acrobática

Esta exhibición acrobática fue realizada en agosto por el equipo Bravo3 Repsol sobre los cielos de la capital coruñesa, durante los actos de la Tall Ships Races 2012. Ahora disfruta con el vídeo, pero después nos contarás tus sensaciones…

16 sept. 2012

Linguas, Mates, Medio (1)

A partir de hoxe, e sempre que haxa posibilidades, haberá tarefas especiais para os distintos temas dos libros. Por iso, empezamos por actividades dedicadas á Unidade 1, aínda que tamén por outras cousas de repaso.

Lengua Castellana

Matemáticas: Sistemas de numeración

Coñecemento do Medio

12 sept. 2012

O primeiro día de clase

Ao final, despois dun longo verán, chegou o primeiro día do novo curso. Á mesma hora de sempre, os nenos e as nenas e as súas familias agardaban o momento de pasar ás aulas. Pero este ano había unha diferencia: eles eran os maiores do colexio. Por iso entraron os primeiros. E algúns xa viñan tan cargados como se pode ver na imaxe. Por suposto, Ismaíl tamén estaba alegre. Sabe que hai moitas cousas que descubrirán…

10 sept. 2012

Tania en Nueva York

¡Qué sorpresa! Tania se presentó en el post anterior, después de mucho tiempo. Claro que no me extraña, ya que hemos descubierto que estuvo en la ciudad de Nueva York, en la misma plaza de Times Square

Tania

9 sept. 2012

Javier, o viaxeiro

O noso amigo Javier apareceu por aquí algunhas veces. A última está rexistrada no anterior post. Por certo, agora non lembro ben o que dixo. Pero parece que anda visitando a un presidente…

Javier e o presidente

7 sept. 2012

El espejo de María Luisa

Después de mucho tiempo, por fin sabemos algo de María Luisa, ya que ha dejado un comentario en este post. Pero tengo una duda, como los espejos dan una imagen algo borrosa, ¿será ella o es una aparición?

PhotoFunia-14c6661

6 sept. 2012

O cartel de Clara

Clara é una gran colaboradora deste blog de aula. Por iso, durante este verán participou todo o que puido, e foron moitas veces. Por exemplo, o seu último comentario trata das libretas para este novo curso…

Clara

5 sept. 2012

Ainara e Gloria na exposición

É incrible! A nosa aula, a Escola de Ismaíl 3, é tan famosa que incluso dúas nenas xa están nunha exposición de fotografías. E a min paréceme ben, porque realmente son unhas auténticas obras de arte…

Ainara
Gloria

29 ago. 2012

La carta de Gemma

Ismaíl recibió por correo electrónico una carta muy bonita, y creo que le hizo mucha ilusión. Alguien le contaba cosas del verano y los viajes…

Gemma, la viajera

20 ago. 2012

Máis sobre os materiais

No post anterior, que tamén tratou o tema do material do próximo curso, Melody dixo nun comentario: “Eu creo que vou usar as libretas do curso pasado, e que senón sería un estrago do material”. Hai algo de razón nas súas palabras, pero para explicar ben todo, escribín:

Melody, serven as libretas do curso pasado se están en bo estado e se aínda teñen moitas follas. Senón é mellor usar libretas novas...

Como agora seremos de sexto, non parece unha boa idea mesturar os traballos antigos cos novos. Por iso contestei así á súa pregunta. E en canto ao resto de material, supoño que para Inglés, Música e Educación Física precisaredes o mesmo de sempre. Non está na nota provisional, pois aínda non podo confirmalo.

Melody en Picadilly Circus (Londres)

16 ago. 2012

A pregunta do pai de Javi

Algunhas semanas atrás, o pai de Javi fixo unha boa pregunta. Nun comentario escribiu: “Mario, sabes que materiais necesitamos para o comezo do curso, con iso de que vai subir o prezo”…

Os maiores sabemos que se anuncia un mes de setembro con prezos máis altos. E como os salarios non medran, parece unha boa idea mercar en agosto os materiais que se precisen para o inicio do curso. O aforro será moi bo para as familias. Por iso, neste enlace hai unha nota provisional

Javier

10 jul. 2012

Os 3 posts máis vistos

Durante o curso que xa pasou, quinto de primaria, estes foron o tres posts que máis se visitaron. Así que aproveitamos a oportunidade para dar as grazas a todos que se achegaron ata o noso blog. Eses 3 posts máis coñecidos foron:

  1. Tintín y los piratas
  2. Mecanografía para todos
  3. Tempo de pasar a palabra

A cidade paraíso, de Diego PrietoVer Un conto do mundo

2 jul. 2012

Aberto por vacacións

Como o verán é longo, moi longo, hai que facer cousas para non estar aburridos, que sería algo preocupante. E lembra que agora xa es algo máis maior; así que atrévete e, ademais de repasar, resolve tamén actividades de 6º, o teu próximo curso. Preme aquí ou na imaxe para empezar

Verán olímpico 2012

Pero aínda hai e haberá máis, que nas redes de Internet a pesca é grande:

28 jun. 2012

Unhas fotos que faltaban

Aquí están as fotos prometidas do último día de clase. Se non fose por Ainara, non habería moitas e a presentación resultaría menos espectacular. Así que temos un recoñecemento para ela…

25 jun. 2012

Perdemos máis de 300!

O noso blog tivo onte un grave problema técnico. Estaba realizando traballos de coidado e conservación, cando ocorreu a desgraza. Algo estraño pasou, e perdemos máis de 300 comentarios. Sobre todo, os destes posts:

O único que se pode facer é que escribas, de novo, algúns comentarios e así evitar a súa perda completa. Só iso che pedimos, e que llo digas tamén aos demais para que colaboren… :-(

22 jun. 2012

Una carta de fin de curso

El día de hoy resultó muy especial. Era el último día del curso, claro, y había una fiesta, que ellos prepararon sin mi ayuda. Y lo hicieron muy bien. Al final, tal vez debido a la despedida de los niños y niñas de 6º, el ambiente se volvió demasiado “húmedo” pero muy emotivo. Por eso, la sorpresa que nos trajo Gloria tiene que estar aquí. Por todas las emociones que vivimos durante este curso…

Hola, Ismaíl:

Este curso ha pasado muy rápido, y todos nos hemos hecho mayores. Gracias por estar con nosotros este año.

Por fin ha llegado el verano que todos estábamos esperando. Yo a lo mejor me voy a un camping, pero tú seguro que vas a salvar a Fátima de todos los peligros que pueda correr. Feliz verano a ti, a Mario y a todos los de 5º B. Hay que prepararse para 6º, pero también hay que tener unas buenas vacaciones.

Hasta el curso que viene, clase de 5º B, y futura aula de 6º B…

Feliz Verano, de Gloria Uzal Agra

En la fiesta no faltó de nada. Hubo tartas y otros alimentos, bebidas y actuaciones especiales, como poesías en rap, chistes y bailes, muchos bailes. Agradecemos la colaboración tan fenomenal de las familias, y felicitamos al equipo voluntario que organizó la estupenda fiesta.

21 jun. 2012

Aula investigadora 5

Xa o dixemos, pero queremos repetilo. Cantos aprendices de Indiana Jones! Esta vez foron: Andrea (27), Ainara (6), Carlos (8), Nara (1), Sara (1), Javier (25), Salvador (32), Melody (3), Ricardo (29), Héctor (20), Andrés (2), María Luisa (6), Meritxell (3), Tania (2), Diego Prieto (4), María Pardo (1), Iago (2), Clara (8), Gloria (6), Gemma (1).

A listaxe de temas investigados, como sempre, foi moi grande: os polígonos, a Hidra de Lerna, Hércules o heroe grego, a Gran Barreira de Coral, a cidade de Carcasona, Rómulo e Remo, Robert Louis Stevenson, o Seixo Branco, unha canción de Demis Roussos, o mago Houdini, o número pi, a catedral de Notre Dame, o Antigo Exipto e Alexandría, o escaravello real, Joan Manuel Serrat, Gabriel de Falopio, a raíña Nefertiti e o faraón Tutankamon, etc.

Ademais, Andrea e Héctor buscaron estes incribles vídeos dos famosos Lego Indiana Jones e as súas aventuras:

18 jun. 2012

Nostromo despega!

A nosa nave das historias, Nostromo, xa viaxa polo universo de Internet. Un astronauta chamado Salvador, que tamén é un gran bailarín, explicou moi ben cal é a razón da súa existencia. Polo de agora, a nave está formada por tres compartimentos:

O Caldeiro Máxico

Preme aquí para ver o caldeiro en pantalla completa.

15 jun. 2012

Os xogos de xuño

As tardes deste mes de xuño, o mes do final de curso, son boas para os xogos. Aquí tes unha boa selección:

  • Sudoku: que che vou contar deste xogo? Nada, que agora está no ordenador.
  • Reversi: salta sobre as pezas lilas ata que todas sexan de cor azul.
  • TwinCol: preme nos debuxos que formen parellas.
  • BuscaNúmeros: calcula a suma dos números que aparecen na pantalla.
  • Lugar donde se cometió el delito: hai un asunto criminal e deberás atopar ao culpable.
  • Memocoly: se cres que lembras ben as cores, non deixes de xogar aquí.
  • Damas: escolle unha peza de cor laranxa e proba este antigo xogo de estratexia.
  • El cerebro: tes que premer en cada imaxe nova que apareza, e que non estivese antes. Pero as imaxes cambian de sitio.