28 ene. 2012

Ricardo e o taboleiro

Despois de ver este sitio, díxenlles que nós tamén poderiamos facer esas cousas, tanto na casa como no colexio. Probamos na aula, pero o ordenador non funcionou ben. Así que pedín que alguén gravase na súa casa un pequeno vídeo, aproveitando as actividades para o Día da Paz. E aquí está o resultado. Agardamos que haxa máis valentes…

25 ene. 2012

Un taboleiro pola paz

Esta nova aplicación é moi interesante. Permite que con facilidade teñamos un sitio para publicar os nosos traballos. O primeiro taboleiro que crearemos será para celebrar o Día da Paz. Deberás facer así:

  • Preme aquí para acceder.
  • Escolle a nota que vaias utilizar. Hainas de varias cores.
  • Verás que esa nota aparece no taboleiro. Observa que hai tamaños de letra e distintas cores para escribir. E podes movela e situala onde queiras.
  • Escribe o teu texto ou poesía. Ten en conta que debe estar ben corrixido para evitar erros e confusións. Pon o teu nome para saber de quen é. Despois, pulsa en post.
  • Hai máis posibilidades que, se investigas ben, irás descubrindo. Pero non te preocupes, na clase veremos todo iso…

Queres ver este taboleiro en toda a pantalla?

24 ene. 2012

Paz, Peace, United

Cada 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Agora que na Terra somos 7 mil millóns de persoas, din que se nos unimos seremos de verdade máis fortes. Igual que este grupo de músicos, que se uniron para cantar e gravar esta fermosa canción titulada United. Forman unha única voz ao redor do mundo, pois o noso mundo é só un…

E non te esquezas dos teus textos, dos haikus e os poemas para celebrar no noso blog ese día tan especial.

21 ene. 2012

17 ene. 2012

Monstruos y libros de piratas

Hace tiempo que debían estar aquí estos monstruos, pues aunque ya hicimos más con los mini portátiles, ellos fueron los primeros. Además, los piratas se marcharon en diciembre, y algunos de sus libros merecían también este premio: aparecer en nuestra segunda película.

Hubo buenos libros y muchos lectores piratas: Meritxell, María, Salvador, Diego Prieto, Clara, Melody, Andrea, María Luisa, Andrés, Nara, Javier. Y también, en el primer trimestre, descubrimos a formidables leones y leonas de la lectura: Héctor, Melody, Carlos, Andrea, Diego Prieto, María, Andrés, Gemma, Daniel, Meritxell, Iago, Clara, Javier, Ainara, Ricardo.

11 ene. 2012

Aula investigadora 2

Despois da primeira fase das nosas investigacións, chega outra pequena mostra. Ao igual que antes, non houbo que insistir moito porque temos un montón de exploradores e exploradores. Mirade a listaxe de temas que investigaron, e non están todos: os castros, os cromlechs, o Monte Neme, as cidades de Port Royal e La Habana e os piratas, os pictos e Escocia, Ampurias e Numancia, Hispania e a terra dos coellos, a dama de Elche, as columnas de Hércules, o sabio Pitágoras e Galileo Galilei, o Nadal, o escudo de Galicia.

Neste tempo, estes son os que máis investigaron: Ricardo (6), María (2), María Luisa (1), Nara (2), Sara (2), Salva (3), Melody (2), Ainara (6), Meritxell (4), Javier (2), Andrea (9), Clara (6), Iago (1), Gloria (2).

A seguinte película, que é un vídeo curto, non trata as investigacións. Pero avisa que hai que pensar antes de actuar. Xa verás a razón…

5 ene. 2012

Isaac Díaz Pardo

Hoxe morreu Isaac Díaz Pardo, pintor, ceramista e deseñador, entre outras cousas. Por se no te decatas, o colexio leva o seu nome desde que se creou. Que este vídeo, no noso blog, sexa a nosa pequena homenaxe para un gran home. E se queres saber máis da súa vida, escóitao nesta entrevista

1 ene. 2012

Feliz 2012

Como Iago foi o primeiro en felicitar o novo ano, este pequeno post vai para el. E para todos os amigos e amigas deste blog, que tamén o son de Ismaíl…