30 abr. 2012

Gemma e Clara son científicas

A segunda tarefa extra realizada de en colaboración xa está aquí. Trátase da presentación que fixeron Gemma e Clara sobre un tema moi interesante: a reprodución. Desexamos que despois deste post, veñan moitos outros así: axudándose, con esforzo, participando…

25 abr. 2012

Serrat canta para María Luisa

Como ya estamos en una nueva fase investigadora en el aula, María Luisa aprovechó la oportunidad para hacer su primera presentación. La ocasión nació de una canción, Hoy puede ser un gran día, y también de su autor, el cantante Joan Manuel Serrat…

24 abr. 2012

Aula investigadora 4

Xa é difícil saber en que número de investigacións estamos, pois xa levamos un montón. E nesta nova fase, como son os herdeiros do gran Indiana Jones, mira algunhas das cousas que descubriron estes exploradores e exploradoras:

Malpica, a terra de Ismaíl; os irmáns Grimm; noticias sobre vellos familiares; a bandeira do reino suevo; o mito de Narciso; o grupo musical ABBA; as illas Galápagos; o teorema de Pitágoras; o exploradores da Antártida; a raíña Nefertiti; os espaguetis; Caín e Abel; os animais que non se moven; o científico Charles Darwin; os glóbulos vermellos; a latitude e a lonxitude; a rexión de Pomerania…

Os aprendices de Indiana Jones son: Héctor (20), Andrea (15), María (4), Carlos (11), Salvador (16), Diego (5), Andrés (1), Sara (2), Meritxell (1), Clara (1), María Luisa (1), Victoria (1), Javier (4), Gloria (1), Ricardo (19), Ainara (3).

22 abr. 2012

O Día do Libro

O día 23 de abril é especial, xa que se celebra o Día Mundial do Libro. E nós, os de quinto, sabemos de libros como calquera valente pirata, porque son moi importantes: os atlas de mares e terras, as historias de barcos e illas, os mapas de tesouros, os libros de fantasía. Así que, desde o noso blog, estás invitado a navegar por estes catro libros dixitais. Ademais de ler, algúns pódense escoitar, descargar ou envialos por correo electrónico aos amigos e amigas:

20 abr. 2012

María y la naturaleza

Es una suerte ver que las salvadoras del planeta son cada vez más, al menos entre los amigos de Ismaíl. Por esa razón, María nos muestra un buen trabajo para apreciar el mundo en el que vivimos, y que todos deberíamos tener en cuenta…

19 abr. 2012

Os artistas da poesía

Unha pequena poesía e un grupo de nenos son capaces de orixinar verdadeiras marabillas. Por exemplo, a Andrés, Salvador, Iago e Daniel tocoulles demostrar as súas cualidades “artísticas” e creo que o lograron moi ben. Talvez aínda teñan que mellorar un pouquiño no baile e na coreografía, pero iso non é nada…

18 abr. 2012

Ainara e Melody salvan ás fragas

Hai pouco tempo arderon as fragas do río Eume e aquí xa o comentamos. Pero agora son Ainara e Melody as que insisten na importancia de conservar e salvar o noso medio ambiente. Porque a Terra só é unha, e as Fragas do Eume tamén son únicas…

17 abr. 2012

A odisea da vida

Este é un post que continúa o anterior, dedicado á reprodución humana. Agora presentamos a película A odisea da vida, que retrata o gran momento da creación dun ser humano. Por iso, trátase dunha aventura excepcional. É o nacemento da nosa vida. Por primeira vez, móstrase unha reconstrución en 3D do que ocorre no interior do útero…

16 abr. 2012

A reprodución humana

Como se di no noso libro de Medio, xa sabes que todos os seres vivos se reproducen, isto é, orixinan outros organismos semellantes a eles. Así que, neste post, imos aprender como se orixinou a nosa vida.

15 abr. 2012

O ataque do ganso

Cando era pequeno, un galo atacoume e saltou enriba da miña cabeza para picarme. Pero non o logrou pola rápida actuación do meu pai, que o apartou coas súas mans. O ganso deste vídeo está tan furioso que mesmo parece un león de caza no parque. Tamén che pasou a ti algo semellante? Conta, conta e conta…

14 abr. 2012

María en Pomerania

La semana próxima saldrá un nuevo post de nuestra Aula investigadora. Y hace algún tiempo, María preparó un trabajo sobre la región de Pomerania, que apareció en una lectura de clase. Mientras esperamos, veamos lo que descubrió…

12 abr. 2012

Gloria e os animais

Que Gloria sabe de música é unha cousa ben coñecida. Pero ademais tamén aprecia aos animais, non só como unha nena, senón como unha auténtica científica. Por iso fixo esta gran presentación, que agardamos que non sexa a última. Por certo, ao final inclúe unha dedicatoria…

10 abr. 2012

Os zoquiños de Ismaíl

Hoxe, como outras moitas veces, Ismaíl recibiu unha sorpresa. En realidade, foron dúas as sorpresas, pois Javier fíxolle unha boa pulseira de plástico. Pero a de Sara foi moito. Resulta que en Camariñas a súa familia e mais ela atoparon uns zocos axeitados para os seus pequenos pés. E non puideron deixalos. E por iso aquí está a súa foto, que Ismaíl está de estrea…

Os zocos de Ismaíl

9 abr. 2012

Los gnomos y Ricardo

Ya sabemos que Ricardo es un buen investigador, y por eso no nos sorprende que esta vez muestre un trabajo sobre los gnomos. Bueno, más bien habría que decir sobre Ismaíl, que es el protagonista de esta sencilla y bonita presentación.

8 abr. 2012

Os tres do Xapón

Antes de reiniciar todo, despois destes días de descanso, aquí están os últimos protagonistas, polo de agora. A María, Javier e Ricardo encántanlles os cómics, e por iso están moi ben así, como personaxes dunha historia xaponesa. O que non entendo é por que corren tanto. De que fuxirán? Se alguén o sabe, que o conte, please…

María, Javier, Ricardo

4 abr. 2012

Aínda máis protagonistas

Nesta semana sen clase o blog non deixa de recibir visitas. E o máis bonito, os amigos de Ismaíl escriben os seus comentarios. Así que el quere saber de máis protagonistas. Son os seguintes: Ainara, Gemma, Clara, Salvador e María Luisa. Creo que están moi lindos… non si?

Ainara, Gemma, Clara, Salvador, María Luisa

3 abr. 2012

Más protagonistas

Estas cuatro niñas dejan siempre muchos comentarios en el blog, como hicieron el último fin de semana. Por eso aparecen hoy como protagonistas, y son: Andrea, Melody, Gloria y Sara. Se lo han ganado porque, aunque están de vacaciones, no se olvidan de Ismaíl. Claro que viéndolas así, tan modernas y elegantes, ¿dónde actuarán? Habrá que ir a verlas… ¿no?

Andrea, Melody, Gloria, Sara

1 abr. 2012

Arden as fragas do Eume!

As fragas do río Eume, sempre tan fermosas, están ardendo desde o sábado. Non sei como será ao final a desfeita, pero seguro que danará moito a ese parque natural. O curso pasado estivemos alí e andivemos polos seus camiños, como podes ver no vídeo. Talvez saibas os nomes dalgúns nenos e nenas que saen na película ou recoñezas as súas voces. Así que gañarás unha moeda de ouro por cada acerto, e tamén polo coidado das fragas…

La Tierra desde la Luna

En abril de 2008, desde Japón, fue enviada al espacio una nave con una cámara de vídeo de alta calidad. Su misión era filmar el nacimiento de nuestro planeta visto desde la Luna. Como dijo un científico que ya investigamos, simplemente somos una gota en el inmenso océano cósmico... ¿Eres capaz de recordar su nombre?