29 nov. 2012

O Minotauro

Aínda que non lle dimos ese nome, de feito xa temos a nosa aula de mitoloxía. Así que imos rematar ben a primeira actividade. Volve a este post anterior para reler a historia de Teseo e o Minotauro. Lembra que tamén fixeches a súa galaxia de palabras, e incluso unha nube con elas. E ten en conta que hai algúns libros sobre mitos, un grazas a Carlos. Con todos eses materiais, realizarás un cómic sobre o Minotauro, o rei Minos, Parsifae, Ariadna, Teseo… A ver como contas o que pasou!

26 nov. 2012

Aula investigadora 6

Despois da última fornada de aprendices de Indiana Jones, había tempo que non aparecían máis investigacións. Pero aquí están: Héctor (10), Carlos (4), Meritxell (3), María (2), Melody (7), Miguel (1), Ricardo (17), Javier (5), Ainara (4), Andrea (2), Salvador (3), María Luisa (1), Tania (1), Iago (1), Clara (5).

A listaxe de temas, coma sempre, foi moi grande: Alexandre Magno, Trafalgar, Dalmacia, Stephen Hawking, Esopo, Taj Mahal, Malala, Challenger, pictos, premios Nobel, premios Príncipe de Asturias, touros de Guisando, minotauro, Elena Fortún

E para rematar, unha nova presentación, esta vez de Carlos. Para facela, tivo que recorrer medio mundo. Pero creo que disfrutou e aprendeu moito. Agora tócache a ti.

21 nov. 2012

5000 comentarios e un magosto

O venres 16 fixemos a festa do magosto, e por sorte andaba polo colexio a nai de Diego Prieto. Así que grazas á colaboración de María del Pilar temos estas bonitas fotos do evento. Pero como case coincidiu no tempo co récord dos 5.000 comentarios acadados polo blog, tamén falamos deste número incrible. Porque son moitos, moitísimos comentarios, un gran éxito para unhas nenas e uns nenos que participan e colaboran. E por iso xa están a preparar a nova festa, que vai ser espectacular…

20 nov. 2012

Los mejores gatos de Ricardo

Ricardo nos presenta a sus gatos preferidos, o al menos es lo que se deduce de su gran trabajo de investigación. Aunque hay uno de ellos, que es una gatita, que destaca por encima de los demás. Se llama Lulú, y tiene nombre de artista…

18 nov. 2012

Os mestres tamén contan

Hoxe dixen no blog que tiña ganas de contar unha historia. E pensaba neste conto dixital titulado El sueño de la mariposa. Talvez alguén teña este libro de Eric Carle, de cando erades máis pequenos. A historia baséase nesa obra, pero tamén en certas palabras de Jorge Luis Borges. Aínda que este escritor é para a xente adulta…

Por certo, creo que vos gustaría facer historias así cos ordenadores da aula? Ou non?

15 nov. 2012

Nostromo, a nosa nave

Nostromo, a nave das nosas historias que empezou a súa viaxe o curso pasado, xa está voando polo universo de Internet. Precisa da vosa forza, que é moita, e así chegará lonxe, moi lonxe…

Ata onde chegará?

Nostromo, a nave das historias

14 nov. 2012

A galaxia das palabras

Héctor explicou moi ben o significado do título Cartografías imaxinarias para despois de ler, do que falaremos noutro momento. Ten que ver coa lectura, claro, e coas cousas que nos contan os libros e as historias. Nesta actividade, por medio do blog, terás que facer:

  • Volver a ler o mito de Teseo e o Minotauro, na versión de Polidoro.
  • Lembras a nosa Galaxia das Palabras? Pois anota nun borrador aquel vocabulario da historia que consideres importante. Presta atención aos nomes, aos adxectivos e aos verbos. Ah, deben servir para entender o que o mito contou.
  • Agora preme no seguinte enlace para ir a Word clouds for kids, que quere dicir Nubes de palabras para nenos. No recadro, introduce esas palabras ou expresións que anotaches no borrador e preme nunha frecha que hai debaixo, á dereita. Agora investiga, que podes cambiar o modelo da nube de palabras, o tipo de letra, as cores. E tamén podes gardar a imaxe no ordenador.

A Galaxia das Palabras

13 nov. 2012

O labirinto do Minotauro

Ao igual que pasou cos Piratas, temos moito que investigar para ser uns exploradores. Por iso empezamos cos mitos do mundo, e porque ademais son historias que merecen a nosa atención. De momento, entraremos nun antigo labirinto:

12 nov. 2012

La música de Clara y Gemma

Esta presentación de Clara y de Gemma es sorprendente. Creo que pensaron en los mejores grupos musicales de la historia, porque esos músicos ahora son mayores y ellas son muy jóvenes. Pero al profesor le traen unos recuerdos tan increíbles que casi han logrado rejuvenecerlo. ¡Ay, la memoria…! Por cierto, los trabajos de los niños de la clase, ¿dónde estarán?

11 nov. 2012

Agnódice e os dereitos das mulleres

No libro de Lingua Castelá, na unidade que traballamos, apareceu o nome de Agnódice. Xa foi investigado, por suposto. E o seu nome resultou ser o dunha muller grande, moi grande, que defendeu os dereitos das mullleres en tempos antigos. Creo que por iso Melody preparou para todos esta bonita presentación…

9 nov. 2012

Gloria e a súa familia

O pai de Gloria atópase enfermo e por iso está no hospital. Como os médicos fan todo o posible para que se cure, a súa recuperación avanza. Cando pase este mal momento, tanto el como Gloria e a súa familia sentiranse moi ben. E todo isto só será un mal soño… Ánimo! E un montón de bicos para Gloria e o seu pai. Tamén biquiños de parte de Ismaíl…

Ademais de comentarios de apoio no noso blog para esta familia, podense deixar mensaxes nun ceo virtual. Talvez así os nosos desexos cheguen máis lonxe e con máis forza. Proba e escribe, pero despois indícanos onde está a túa mensaxe para que poidamos descubrila.

Mi Pedazo de cielo

8 nov. 2012

O magosto de Melody

De novo unha nena sorprende ao mundo enteiro. Agora trátase de Melody, que como sabe que o Magosto está a chegar, preparou unha presentación sobre esa festa. Por certo, a súa nai tamén colaborou e participou…

7 nov. 2012

Ainara y los perros

Hay niñas que no están dispuestas a que su nombre no se conozca. Ainara es una de ellas, y por eso nos presenta un nuevo trabajo voluntario. Como ahora estas presentaciones también están en nuestra Aula investigadora, es cierto que su nombre llegó muy lejos…

6 nov. 2012

Linguas, Mates, Medio (4)

Actividades especiais para a Unidade 4, e tamén algunhas tarefas de repaso, que sempre serán necesarias.

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

2 nov. 2012

Los mejores coches de Javier

Los niños se han decidido y ahora nos muestran sus trabajos, que en estos momentos ya son mayoría. Por eso vuelve Javier con otra impresionante presentación. Creo que están dejando el listón muy alto…