29 abr. 2013

A clase de maxia

No 5º curso, ao principio, fixemos estas fotos. E de maneira voluntaria, o que quixo puxo o gorro vermello de mago na súa cabeza, case como Harry Potter. Agora forman este bonito collage…

Os magosPreme aquí ou na imaxe para vela máis grande.

28 abr. 2013

Linguas, Mates, Medio (12)

Actividades especiais para a Unidade 12, na que estamos. E tamén hai, como sempre, algunhas tarefas para repasar. Ah, ten en conta que todo é obrigatorio e necesario…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

  • BUSCA recursos e actividades sobre o novo tema: O esqueleto e os músculos. Ten en conta que algúns enlaces poden non funcionar.

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.

Juegos para pensar 3Preme na imaxe para pensar e xogar

27 abr. 2013

Melody, a guerreira

Como dixo Clara, Melody é realmente incrible. Sempre está disposta a colaborar con calquera da súa aula, e sabe presentarse voluntaria para todo sen ningún medo. Así conseguiu un montón de moedas de ouro do tesouro de Ismaíl. Por esa razón, e aproveitando a tarefa do Rei Arturo, creo que se merece isto: ser unha guerreira e a nosa defensora… Por certo, esa espada será a famosa Excalibur?

Melody a guerreira

26 abr. 2013

Un microscopio virtual

Hai un incrible microscopio virtual que permite observar diversos seres vivos ou elementos inertes, é dicir, sen vida. Ao mesmo tempo, ofrece información sobre todo o que estamos a ver.

É moi recomendable que o explores e que comeces a descubrir o que os teus ollos non mostran. Ah, despois lembra que apreciamos os comentarios que falan dos teus descubrimentos…

O microscopio virtualPreme aquí ou na imaxe para acceder ao microscopio.

24 abr. 2013

A lenda do Rei Arturo

Todos agardamos que levaras a cabo as investigacións que se indicaron nun post anterior. Se así foi, seguro que xa sabes moitas cousas sobre o Rei Arturo e a súa vida, e tamén das aventuras dos seus cabaleiros. Por iso, hai varias opcións nesta actividade:

  1. Cóntanos o que descubriches mediante as túas exploracións.
  2. Realiza esta lectura, que será para ti moi fácil.
  3. Se queres saber máis, ten en conta a este famoso escritor.
  4. Colorea, dixital e manualmente, ao Rei.
  5. Prepara o teu propio cómic.

A espada Excalibur Preme aquí se queres ver a película La espala en la piedra.

22 abr. 2013

O Día do Libro

Na Wikipedia pódese ler: O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura… Celébrase cada 23 de abril, e sobre os libros e a lectura escribíronse moitas cousas importantes. Por exemplo:

Aristóteles: Só o ser humano, entre os animais, posúe a palabra. Cicerón: Un fogar sen libros é como un corpo sen alma. Umberto Eco: O mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le. Antón Cortizas: Se les é porque sabes, se sabes é porque les. J. R. R. Tolkien: Nunca se deixaba que a Fogueira dos Contos se apagara ou morrera en cinsas grises…

Agora busca ti outras ideas que se dixeran sobre os libros e a lectura e escríbeas nos comentarios…

21 abr. 2013

Os libros son amigos

Agora que chega o Día do Libro, como todos os anos, o importante é lembrar que eles son amigos, e que sempre están da nosa parte. Así facemos na aula, ler e saber os seus nomes: 75 consejos para sobrevivir en el colegio; Diario de Greg 1, 3 e 4; La tribu de Camelot; Los magníficos; Malos tempos para os fantasmas; Diario de Nikki; El misterioso caso de los Juegos Olímpicos; Peter y los cazadores de estrellas; Pel de lobo; Pippi Calzaslargas; Séptimo viaje al Reino de la Fantasía; El Señor de los Anillos…

Imaxes de Poster Oven

18 abr. 2013

Dani está na selección

Hai tempo que Dani non aparece na categoría de Protagonistas. Pero agora acaba de producirse algo excepcional. Ao parecer, o noso Daniel vai ser chamado polo seleccionador do equipo de fútbol de España. Hai unha praza na dianteira, debido ás lesións, e pensa que el será unha boa solución… Que así sexa!

Daniel Sande, na selección!

17 abr. 2013

O Rei Arturo e o regalo de Antía

Ismaíl recibiu moitos regalos, pero poucas veces como o de hoxe. Antía Martínez Pato, unha nena de 2º B, fíxolle un debuxo que colocou sobre un anaco de plastilina. Foi unha bonita sorpresa, que el xa agradeceu. Ademais, hoxe empezamos a investigar a vida do famoso Rei Arturo. Salvador é o que iniciou este asunto, e a súa nai, aínda que non o sabe, tamén ten algo que ver. De momento, hai cinco nomes que haberá que explorar: o Rei Arturo, a raíña Xenebra, Mordred, o mago Merlín e a espada Excalibur.

O regalo de Antía Ismaíl presenta ao Rei Arturo

16 abr. 2013

Os hobbits

Por fin regresaron os protagonistas, que estaban case como desaparecidos. E foi Andrés, sen querer, o que tivo a mellor idea. Está lendo un fermoso libro, O hobbit, e talvez por iso Clara, Lucas e Meritxell apareceron vestidos desta maneira…

Clara, Lucas, Meri

15 abr. 2013

Os 7000 comentarios

A festa dos 6000 comentarios foi a principios de febreiro, e a dos 7000 fixémola o pasado venres. Claro que xa había máis comentarios, moitos máis, pero antes houbo que solucionar algúns problemiñas. E como en todas as demais festas, a axuda e colaboración das familias resultou especial. Por iso teñen o noso maíor agradecemento…

9 abr. 2013

Linguas, Mates, Medio (11)

Actividades especiais para a Unidade 11, na que estamos. E tamén hai, como sempre, algunhas tarefas para repasar, porque son moi necesarias…

Lengua Castellana

Matemáticas

Coñecemento do Medio

  • BUSCA recursos e actividades sobre o novo tema: Nutrición, respiración e circulación. Ten en conta que algúns enlaces poden non funcionar.

Recursos para repasar e superarte: de sexto de primaria a 1º de ESO.

Juegos para pensar 2 Preme na imaxe para pensar e xogar

5 abr. 2013

Cartografías fantásTICas

Alguen dixo que os contos son mapas do mundo. Se iso é certo, as historias que contan os libros que lemos tamén funcionarán de igual maneira. Por iso, este post é semellante a outro que se titulou Cartografías imaxinarias para despois de ler. Só que agora ampliamos o seu contido.

  • A Galaxia das Palabras: en calquera libro podes atopar un vocabulario importante (nomes, adxectivos, verbos), cun significado especial.
  • Word clouds for kids: que siginifica Nubes de palabras para nenos. E como xa sabes, nesta aplicación hai un recadro para introducir esas palabras que anotaches na galaxia. Logo investiga, porque podes cambiar o modelo da nube de palabras, o tipo de letra, as cores…
  • A Estrela das Historias: contén algúns dos elementos básicos dun relato. Son os protagonistas e personaxes, o escenario ou lugar, o problema e o desenlace ou final. Serven para comprender unha historia ou un libro.
  • Poster Oven: trátase dunha aplicación para elaborar posters e carteis. Podes usar algúns dos datos da estrela e do libro que esteas a ler, pero sobre todo utiliza o título, o autor, a editorial e outros datos que consideres importantes. Ten en conta que o cartel anunciará un libro que che gusta.
  • Os bocatas e os mapas dos libros, dos que falaremos un pouco máis noutro momento.

Cal é a túa razón para ler?

2 abr. 2013

Ismaíl e o turbante de Salva

UtellStory é un dos sitios para publicar historias que hai na Internet, e que acabo de descubrir. Además de imaxes e textos, poden ter son e vídeo. Cos vosos debuxos de Ismaíl o diminuto e o turbante que ensinou hoxe María, temos un novo post. E cantos irán xa? O primeiro que o descubra terá un...